jueves, 21 de abril de 2016

O constructivismo: as teorías da aprendizaxe por restructuración

Para o conductismo o coñecemento é sempre unha interacción entre a nova información que se nos presenta e o que xa sabiamos, e aprender é construír modelos para interpretar a información que recibimos. Asúmese o papel esencial da aprendizaxe, como produto da experiencia, pero defende que esa aprendizaxe é sempre unha construción.

É interesante distinguir dous procesos de construción de coñecemento diferentes porque implican teorías da aprendizaxe distintas. Nun primeiro sentido, enténdese que hai construción de coñecemento cando o que se aprende débese non só á nova información presentada, senón tamén aos coñecementos previos dos aprendices. Os materiais de aprendizaxe son asimilados aos coñecementos previos dos alumnos É o que poderiamos chamar a construción estática de coñecemento, moi próxima ao que Piaget (1970) chamaba asimilación. A nova información asimílase ás estruturas de coñecemento xa existentes. Os coñecementos serán asimilados de forma distinta dependendo do interese, a  motivación e os coñecementos previos.

Na construción dinámica, trátase de cambios cualitativos, de xerar solucións, de reestruturar as construcións internas e solucionar os desequilibrios. Cámbianse estruturas que requiren unha implicación activa, baseada na reflexión e a toma de conciencia por parte do aprendiz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario