Con todo a idea dunha aprendizaxe baseada na reflexión e toma de conciencia sobre o propio coñecemento vai ser retomada desde supostos constructivistas, asumindo a natureza cambiante dese coñecemento. As posicións contemporáneas en psicoloxía como as de Chomsky (1980) ou Fodor (1983) veñen insistir na irrelevancia da aprendizaxe como proceso psicolóxico.
O propio Piaget (1979), un dos pais do constructivismo en psicoloxía, considera a evolución do coñecemento científico ao longo da historia como unha refutación do paradoxo de Fodor segundo a cal só aprendemos o que xa sabemos. Á vista dun bo número de investigacións psicolóxicas negan esta idea ao mostrar o potencial de aprendizaxe da especie humana, capaz de xerar e adquirir moitos coñecementos e destrezas novos, que dificilmente poderían estar programados nos nosos xenes. Boa parte desas investigacións proceden dun enfoque que sitúa a aprendizaxe no centro das súas formulacións teóricas: é a tradición empirista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario