jueves, 21 de abril de 2016

O empirismo: as teorías da aprendizaxe por asociación

No extremo do péndulo oposto ao racionalismo sitúase o empirismo. É Aristóteles o que inicia a tradición empirista. Para el a orixe do coñecemento está na experiencia sensorial, que nos permite formar ideas a partir da asociación entre as imaxes proporcionadas polos sentidos. Cría que ao nacer somos como unha ?tabula rasa? e é a nosa experiencia a que vai creando impresións que constitúen o verdadeiro coñecemento.

Aprendemos mediante as leis da asociación que, segundo Aristóteles, eran a contigüidade, a similitude e o contraste. As leis da aprendizaxe asociativa hanse reformulado e precisado polos filósofos empiristas británicos Locke e Hume e sobre todo polo conductismo. A concepción da aprendizaxe como un proceso asociativo ha perdurado ata os nosos días, esta concepción vese na chamada ?teoría da copia? (Lehy e Harris, 1985), segundo a cal o coñecemento aprendido é unha copia da estrutura real do mundo. De feito o conductismo, pode entenderse como un asociacionismo conductual, no que o que se asocian son estímulos e respostas, sendo os mecanismos asociativos, segundo os autores, a contigüidade, a repetición, a continxencia? Actualmente, o conductismo atópase nunha franca recesión, desprazada en boa medida pola psicoloxía cognitiva.

Hai dous principios básicos nos diversos modelos conductistas que constitúen as teorías da aprendizaxe por asociación:

-O principio de correspondencia que asume que todo o que facemos e coñecemos é un fiel reflexo da estrutura da realidade. Segundo Skinner (1968), unha boa gradación de obxectos e tarefas, apoiado en certas técnicas de aprendizaxe específicas e acompañadas dun programa de reforzos adecuado conducirá a unha aprendizaxe eficaz de calquera índole.

-O principio de equidade, que afirma que os procesos de aprendizaxe son universais, son os mesmos en todas as tarefas, en todas as persoas e mesmo en todas as especies.

Estes dous principios foron contundentemente refutados; non todo aprendizaxe é produto dunha copia, e non todas as persoas e todas as especies aprenden o mesmo de igual modo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario